miércoles, 29 de julio de 2009

DESCOBREMENTO GASEOSO



Cambados. Axencia de viaxes

Recentes estudos (de fai un anaco) da Universidade Pontificia de Pyonyang sacan á luz o que moitos de nós xa sabíamos: Os peidos pesan.

Coidadosas medidas feitas en suxeitos baixo a influencia das castañas asadas, pesados antes durante e logo de ser expulsada unha ventosidade (e indiferente se fixo ruido ou non...) poñen de manifesto unha lixeira perda de masa corporal, concretamente 21 gramos por peido de intensidade media.
Curiosamente é o mesmo peso que se di que ten a alma e que se perde no momento de morrer. Casualidade? John Phil Yla e Marcus Kuss os cientficos a cargo das pescudan opinan que non.
"Chegamos á conclusión de que existe unha relación directa entre os dous datos" declarou o doutor Kuss.

Morremos un pouquiño cada vez que botamos un peido? A sensación tan agradable que sentimos é porque tocamos o ceo por un momento? Deberíanse prohibir os fármacos que favorecen a expulsión de gases por fomentar a eutanasia? O cheiro dun peido é insoportable porque nos fai lembrar que todo é pasaxeiro neste mundo?

Os estudos seguen adiante buscando unha solución para o enigma e quen sabe, quizáis unha receta para a inmortalidade.

martes, 7 de julio de 2009

GRANDE DESCOBREMENTO SOBRE AS GAIVOTAS DE VIGO!!!!!

Vigo. Axencia Z

Nun teletipo recibido nas nosas oficinas a última hora deste serán, fálase do que pode ser o descobrimento científico da década. Recentes estudos (de hoxe pola tarde, aínda que xa se viñan facendo uns días atrás...) demostran de maneira irrefutable que TODAS AS GAIVOTAS DE VIGO TEÑEN A BANDEIRA ESPAÑOLA NO PICO!

Estamos agardando a ampliación da nova polo noso enviado especial a Vigo, Onofre Miguel Suárez Olveira.