jueves, 13 de mayo de 2010

MARCIANO QUE ACOJONA EXPOSED!!



Conseguimos esta instantánea por medio dun dos membros da Asociación de Abducidos de Compostela (AAC), que nola fixo chegar por email. Quere permanecer no anonimato, que soamente revela o aspecto das, como el as chama, Belísimas Persoas para que a xente saiba a verdade e tal... O certo e que as tales Belísimas Persoas acojonan. A ver quen é o que se concentra xogando ao dominó. Seguro que eles gañan sempre.

IR á Asociación de Abducidos de Compostela (AAC)




Noutra orde de cousas, velaquí a explicación do funcionamento da Sonda Anal...

miércoles, 12 de mayo de 2010

Se murió Antonio Ozores...




Ha fallecio Antonio Ozores, la persona que mejor hablaba árabe en todo este país... qué pena... Adiós Maestro...


"Non paran de pasar marcianos, señor Portabales..."




Efetivamente... E esta especie gosta máis do licor café que da caña de herbas. E aínda así é unha belísima persoa...

martes, 11 de mayo de 2010

Ghailanders - News: XACOBEO MARCIANO



Neste documento emitido pola canle local de televisión de Santiago de Compostela, Correo TV
, temos a proba do que a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia xa deu en chamar "Fito turístico a nivel mundial" ou "Pequeno paso para un conselleiro pero un gran paso para a humanidade". O presidente da Asociación de Abducidos de Compostela da testemuño de algo que, se ben supoñíase, non era aceptado como verídico pola maioría: Os marcianos existen e fan o Camiño de Santiago!
Ademáis, segundo palabras do representante de dita asociación, gostan do licor de herbas, de xogar ao dominó e de practicar colonoscopias aos seus amigos do planeta Terra, suponse que por iso de descobrir novos mundos e tal. Mentres agardamos á confirmación deste último extremo, a Xunta de Galicia, mediante comunicado oficial, atribuiu o mérito do suceso ao "Marabilloso traballo da Consellería de Turismo, en particular do seu máximo responsable Roberto Varela" que, segundo explica o comunicado e en referencia ao chamado Suceso Desván de los Monjes, "No pasado recente poido ser considerado coma un marciano alieníxena, pero agora próbase que os verdadeiros marcianos son eses que chegan de lonxe as nosas terras seguindo o Camiño das Estrelas". O comunicado remata falando da próxima ampliación da Cidade da Cultura para acondicionar un parking para aterraxes interplanetarios.



ASOCIACIÓN DE ABDUCIDOS DE COMPOSTELA (AAC)>> >>>>>>
PINCHA AQUÍ