martes, 17 de mayo de 2011

Letras Galegas Day


Today is the day... o 'Letras Galegas Day'. E o domingo será o 'Election Day'. Supoño que hoxe moitos dos que agardan a chegada do domingo con ansia viva, aproveitarán para mostrarnos a tod@s o comprometidos que están coas Letras Galegas esas... Ondearán bandeiras e cantarán himnos. As mans ao peito e bla bla bla... o luns todo voltará á normalidade. Aquí, nas Ghailands, as bandeiras, himnos, parrafadas populistas, ladrillos nacionalistas, trapalladas socialistas... non son cousas que nos gusten nada. Pero o que si nos gusta, e moito, é a cultura, o seu desenrolo e crecemento sen complexos nin ataduras. E neste día celébrase a literatura, celébrase logo, a cultura. Se alguén busca unha forma de "facer país" ou un "sector estratéxico" de certo que non está dentro de ningún mausoleo hipertrofiado cuberto de pedra do Brasil. Feliz e produtivo Día das Letras Galegas a tod@s.

No hay comentarios: