martes, 18 de agosto de 2009

LA VIDA POR DELANTE (1958) PIONEIROS DO SCRATCH



Éche ben certo, que a vida é da cor do cristal da botella con que se mira... E diredes: si filliños, si... xa ben o expresou Kurosawa en Rashomón*... Ai si, non? Pois ademais do insigne xaponés, aquí neste país que non se di este país que se di Espña! outros o fixeron case que polos mesmos anos e, se cadra, con máis gracia. E aínda por riba inventaron o scratch!

Noon... as pintas deixámolas para a mañá cedo, a estas hora só lle damos aos xeados. S non nos creedes ide ao minuto 7:30.

É certo. Fernando Fernán Gómez e Pepe Isbert probablemente sexan os primeiros en empregar un scratch de maneira consciente (todos nos fixémolo alghunha vez cos discos de Fuxan os Ventos dos nosos pais, pero iso non conta...).

Hala, e coma nunha ocasión dixo Mariano "Id y contad lo que habéis visto hoy aquí..."
Que Grand Wizard Theodore nin Lee Scratch Perry nin nada... Pepe Isbert. E ademáis andaba por alí Xan das Bolas...

* NOTA: Rashomon non é unha marca de carne de porco...

No hay comentarios: