jueves, 20 de agosto de 2009

JOSÉ TOMÁS ARRASA EN GALICIA. Carteles, bolífaros e entradas...

Pontevedra. Axencia-do-viño-polo-chan

Con isto de apertarse o cinto imos conseguir unha cinturiña de avespa que nin a Audrey Hepburn nos seus mellores tempos...
Canto mal fai a leria da crise! Mirade este pobre home que fixo o cartel! Vende un bolífaro! Que miseria!
E diredes: "Estanche os tempos como para andar a destraghar os cartos comprando bolífaros..."
Afetivamente, por iso este business-man do século 21 faivos unha promoción especial: pola compra do bolífaro de agasallo unha entradiña para ver ao José Tomás (o toureiro con dous nomes e catro apelidos...) y a la sombra, porque como todo o mundo sabe nas altas instancias do glamur-folclórico-político-adinerado-yeyé últimamente está de moda iso de poñerse a sombra...
Aínda que ó final, segundo din as malas linguas o negocio non foi tan bo. Seica toda a xente interesada en desfacerse dos seus bic naranja (escribe fino) e bic cristal (escribe normal) non agardaban a chegada dos Ballpen Resellers, que apostados ao carón da praza de touros fixaron os prezos de mercado un pouquiño por debaixo das aspiracións dos parroquiás, por isto de que o que se leva agora no underground das papelerías son os pilots...
Á hora de rematar esta entrada non dispoñemos de datos fiables sobre a oferta de bolífaros con regalo para a corrida do Bombero Torero...


No hay comentarios: