sábado, 31 de octubre de 2009

GHAILANDER-SPORTS: NOVAS SOBRE A LOITA CONTRA O TERRORISMO NA XXXII EDICIÓN DA CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE SANTIAGO


(clic para agrandar)


Moito nos temos rido cos tacos de Clint Eastwood na película "Sarxento de Ferro" dobrada ao galego... e pensabamos que era iso: ficción... Ou polo menos eran cousas que pasaban por alá polas norteaméricas. Se ti tamén pensabas o mesmo logo xa somos dous os trabucad@s.

Fai uns días corrín coma un campión na Carreira Pedestre Popular de Santiago. Non botei os fíghados porque levaba o pantalón ben apertado... E nun deses momentos en que che adiantan as masas coma orcos escapando polos montes de Nova Zelandia, sentín xente cantar con menos gracia que Rouco Varela silbando o Satifaction . A medida que se acheghaban a min vin que eran os Cadetes da Escola Naval de Marín que, como dignos pupilos do sarxento Thomas Highway, ían berrando uns cánticos que me pareceron interesantes a la par que elegantes.

-Berro-cántico 1, apropiado para estas datas: "...que bonito es un entierro, con su cajita de pino y con un etarra dentro..."
(...lololo lo lo lo lololó...>)
-Berro-cántico 2, rima anacrónica: "...qué es eso que brilla tanto en lo alto del castillo?... son los ojos de un etarra que arranqué con mi cuchillo..."
(...lololo lo lo lo lololó...>)
-Berro-cántico 3, oda ao traballo: "...anarquista, anarquista no digas que no trabajo... lo ha comprobado tu madre cuando la tengo debajo..."
(...lololo lo lo lo lololó...>)

(sic)


¿Qué es poesía?, dices mientras clavas
En mi pupila tu pupila azul.
¡Qué es poesía! ¿Y tú me lo preguntas?
Poesía eres tú.


( As afotos están mangadas do Correo Galego e da Galería pública de diegosolenoa )

No hay comentarios: