viernes, 16 de octubre de 2009

NOVAS DA CRISE OU EL JÚRGOL ES ASÍN...

"En un lugar de La Mancha, de cuyo nombre no quiero recordarme..."
Eiquí me tendes ensinando á cámara o que topamos Murray e máis eu pola Terra Media...
Quen dixo que un tubérculo non pode ter preferencias furgolísticas? Ou é que o fulano que as colleita é siareiro dun ou doutro equipo? Neste intre non teño claro se é unha idea xenial, unha idea estúpida, se é ghindar os cartos ou se é aproveitalos...
E digo eu... unha lingua madridista poderá saborear ben unha pataca do barça e viceversa? Atoparán a diferencia...?
Mira se as patacas veñen da mesma horta... mira se as friten xuntas... mira se alguén se toma en serio isto... mira se unha bolsa de plástico chega a ser máis importante que o que trae dentro...
Estaría ben que fosen distintas, así poderíamos escoller realmente a que máis nos gustase...

Se mercas unha delas ou a outra ou as dúas... da maneira que sexa os que sempre gañan son os que envasan as patacas...
Maradona no es una persona cualquiera, es un hombre pegado a una pelota de cuero,
tiene el don celestial de tratar muy bien al balón...

No hay comentarios: